   |
| FIPA |
 |
FIPA,
siglas para Federación Iberoamericana de Produtores
de Agregados.
A FIPA, con domicilio na Travesía de Téllez,
4 entreplanta esquerda, na cidade de Madrid, é unha
entidade sen fins de lucro, que desenvolve a súa actividade
en España, Portugal e en todos os países da
América Latina e do Caribe.
As autoridades da FIPA son
a Asemblea Xeral, o Presidente e o Secretario Xeral.
O Presidente é D. Roberto L. Cuevas La Vera, da Cámara
Mineira de Panamá.
O Secretario Xeral é D. Carlos Fernando Forero Bonell,
de ASOGRAVAS (Asociación Colombiana de Produtores
de Agregados Pétreos) - Colombia.
O Director Xeral é D. César Luaces Frades,
da Federación de Áridos - FdA - España.
Hogano a FIPA conta con representantes
de diferentes países como: España, Portugal,
Costa Rica, Panamá, Rep. Dominicana, Porto Rico,
Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela, Brasil, Arxentina,
Chile e Bolivia.
Poden ser membros da Federación as asociacións
ou entidades declaradas e recoñecidas a nivel nacional
que representen os intereses do sector dos áridos;
tamén poderá ser membro da Federación
unha empresa, que se clasificaría, neste caso, como
asociación representativa do sector de produción
de áridos por parte deste país se non existise
unha asociación representativa do sector.
Actualmente son membros: a Cámara Mineira de Panamá,
a Cámara Mineira da Costa Rica, a Asociación
de Produtores de Agregados da República Dominicana,
a Federación de Áridos de España, a
Cámara da Pedra da Provincia de Bs As, a Asociación
Brasileira de Produtores de Agregados para Construción
ANEPAC; a Asociación Colombiana de Produtores de
Agregados Pétreos- ASOGRAVAS, CEMEX de México
e Agregados de Guatemala.
As linguas oficiais da Federación son o español
e mais o portugués.
A Federación ten como
fins promover os intereses comúns das empresas representadas
a través das súas respectivas asociacións
ou entidades nacionais e representar e promover os intereses
do sector dos áridos (agregados) con obxecto de facer
comprender e de salientar o seu valor económico e
mais a súa responsabilidade social.
Os
seus obxectivos constitutivos son:
1. Potenciar a constitución de asociacións
ou entidades de produtores de áridos; promover, tanto
nos países sede dos seus membros como noutros, a
afiliación de entidades segundo os presentes estatutos.
2. Representar os produtores iberoamericanos de áridos
ante as institucións internacionais apropiadas, presentando
ante elas as iniciativas, obxectivos e peticións
pertencentes ó sector dos áridos, e tamén
cooperar con tales institucións no que poida beneficiar
á Federación e ás asociacións
ou entidades membro.
3. Cooperar cos gobernos dos países iberoamericanos,
nas tarefas similares que redunden en beneficio do sector
dos áridos.
4. Observar os diferentes procesos que poidan afectar ó
sector dos áridos, como procesos lexislativos e normativos,
e tratar de influír activa e responsablemente sobre
estes procesos, para ter resultados razoables e prácticos
que permitan que as empresas do sector operen de forma rendible
e manteñan ou melloren a súa competitividade.
5. Establecer vínculos de relación, cooperación
e información con outras entidades similares ou relacionadas
co sector da construción, e promover a celebración
de foros, seminarios, simposios, xornadas e congresos iberoamericanos
relacionados co sector.
6. Propiciar a investigación e mais o desenvolvemento
de tecnoloxía na produción de áridos
(agregados) co propósito de facer máis competitiva
a actividade dos seus membros.
7. Fomentar e establecer mecanismos de consulta, análise,
investigación e desenvolvemento de programas que
permitan ós seus asociados ser competitivos para
aproveitar as vantaxes e beneficios que ofrecen os acordos
internacionais.
8. Manter unha base de membros o máis ampla e representativa
posible, reunindo as asociacións nacionais que representan
o sector dos áridos, e establecendo unha canle de
comunicación para intercambiar información,
programas, proxectos, iniciativas, experiencias e ideas.
9. Propiciar, facilitar e auspiciar que o desenvolvemento
do sector dos áridos (agregados) estea enmarcado
dentro dos esquemas actuais de desenvolvemento sostible
difundindo normativas e códigos técnicos e
identificando, codificando, promovendo e difundindo os métodos
máis axeitados en relación coa seguridade
e saúde no traballo e no medio ambiente.
10. Recompilar e difundir estatísticas apropiadas
e información técnica sobre o sector e os
seus produtos.
11. Promover, cando sexa preciso, a creación de comités
permanentes e grupos de traballo a fin de acometer de maneira
efectiva e eficiente as necesarias actuacións da
Federación.
12. Contribuír co proceso de formalización
e legalización da industria extractiva dos áridos
nos países onde se presenten actividades que non
cumpran coas normas ou regulacións establecidas polas
autoridades gobernamentais.
13. Propiciar centros de ensino e capacitación, edición
e publicación de estudos técnicos sobre áridos.
14. En termos xerais, levar a cabo calquera acción
de natureza similar que se considere necesaria ou apropiada
para a Federación.
|
|
|
    
|