QUE É A FdA


Introdución

Ámbito de actividade

Xunta Directiva

Estatutos



Introdución
A Federación de Áridos (FdA) representa os intereses das empresas produtoras de áridos de España, tanto no ámbito nacional, coma no internacional.

A Federación de Áridos, constituída en 2007, asume as competencias e as representacións que, ata a data, ostentaba ANEFA fronte á Administración Central do Estado e nas Institucións Nacionais e Internacionais.

A FdA representa un salto cualitativo e cuantitativo no fortalecemento da representación do sector ante as administracións e institucións estatais e internacionais; grazas á súa creación, o sector será oído cunha soa voz, respectada e consolidada, que permitirá traballar para satisfacer os intereses e competencias das entidades que a integran.

Á parte deste labor de interlocución, a FdA non ten entre os seus obxectivos ofrecer servizos ós seus membros. Actualmente, a FdA integra a cerca de 700 empresas e 1100 explotacións de áridos de todas as Comunidades Autónomas, sendo, sen dúbida algunha, a Federación máis representativa da Minería española.



Ámbito de actividade
España:
· Representación ante Ministerios, Parlamento, Senado, …
· Representación ante as Federacións e Confederacións:
· Confederación Española de Produtos da Construción – CEPCO
· Confederación de Empresarios da Minería e a Metalurxia – CONFEDEM
· Asociación Española de Normalización e Certificación – AENOR
· Asociación Española da Estrada – AEC
· Actividade de normalización de áridos, que inclúe a Secretaría do Comité Técnico de Normalización de AENOR AEN/CTN – 146 “Áridos”, a representación ante o Comité Técnico do Comité Europeo de Normalización CEN/TC – 154 “Aggregates” e a condición de membro de AENOR.
· Actividade de certificación de áridos, a través do Comité Técnico de Certificación de AENOR AEN/CTC – 059 “Áridos”.


Internacional:
· Representación do sector de produción de áridos de España na Unión Europea de Produtores de Áridos – UEPG.
· Representación do sector de produción de áridos de España na Federación Iberoamericana de Produtores de Áridos - FIPA.



Junta Directiva
O goberno da Federación corresponde á Xunta Directiva, que está integrada por:

• Presidente: Pasqual Roca i Riera
• Vicepresidente Primeiro: Francisco-Javier Andrada Andrada
• Vicepresidente Segundo: Jaime de Sivatte Algueró
• Vogal: Joaquim Roca i Pagès
• Vogal: José Luís Pérez Ahumada.
• Vogal: Sebastià Alegre i Rosselló
• Vocal: Manuel Hermoso Villalba
• Vocal: Rafael Gómez Díaz
• Vocal: Manuel Moreno Delgado
• Tesoureira: Alicia Caballero Martín
• Secretario Xeral: Jaume Puig i Canal.

O Director Xeral da Federación é César Luaces Frades.



Estatutos

A FdA réxese polos Estatutos aprobados polos seus membros:

Estatutos

Logo Gremi D´ÀridsLogo ANEFA